INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

X Edición Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis

 



O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, convocan a X Edición Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis. O proxecto conta tamén coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

Requisitos:
-Poderán concorrer a esta convocatoria xornalistas que teñan rematada a titulación nos últimos anos (2025, 2024, 2023, 2022 ou 2021) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual e que formalicen a súa inscrición de acordo co disposto nas bases.
-O traballo proposto é aberto. Poderase entregar calquera xénero xornalístico (reportaxe escrita, proxectos de radio, audiovisual ou fotográficos, ou relacionados coas novas tecnoloxías), iniciativa para un novo medio ou proxecto que teña como finalidade a información e a comunicación.
-Cada participante poderá presentar un máximo de 2 proxectos.

Remuneración:
A contía da bolsa é de 6.000 euros.


Máis información:
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Rúa Ponferrada, 9, baixo. 15707- Santiago de Compostela
Teléfono: 981 935 670
Correo-e: xornalistas@xornalistas.gal
https://xornalistas.gal/


A recepción de propostas está aberta até o 31 de xullo de 2025.



Comentarios