INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

IX Premio Agustín Fernández Paz

 

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocan este premio en homenaxe a Agustín Fernández-Paz.

Requisitos:
-Poderán participar todas as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade e idade, que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao público infantil ou xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade, etc.
-A obra terá unha extensión libre e presentarase encadernada, por cuadriplicado, en papel impreso polas dúas caras, tamaño DIN_A4.
-Presentarase baixo o sistema de plica.

Remuneración:
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.000 euros.

A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia.
Entregaránselle ao/á gañador/a 30 exemplares.

Máis información:
Instituto de Estudos Chairegos
Casa da Cultura - Praza de Suso Gayoso, 1
Aptado. de Correos noº39
27800 Vilalba (Lugo)
https://estudoschairegos.gal/



Comentarios