INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

IV Certame artístico "Amigos dos Animais"

 CERAMAN25 

Creación de obras artísticas, na modalidade de fotografía sobre a convivencia e a relación cos gatos que integran as colonias felinas, co propósito de dar a coñecer as colonias felinas e a súa xestión, así como fomentar o respecto aos gatos comunitarios que as integran.

Requisitos:
-Persoas físicas maiores de idade ou menores con autorización do seu representante legal, e persoas xurídicas, residentes en España.
-Poderanse presentar ata 3 obras de maneira individual ou colectiva.
-As obras deberán ser orixinais, inéditas, non conter copias ou plaxios de obras doutros artistas e non premiadas noutros certames públicos ou privados.
-As obras deberán estar compostas dunha serie de entre 4 e 8 fotografías en formato JPEG ou similar, con imaxe e título.
-As obras presentadas en formato JPEG ou similar, terán unhas dimensións de 3600x5400 pixeles e unha resolución non menor de 300 ppp.

Remuneración:
Os Premios Amigos dos Animais, modalidade fotografa, desagréganse en dúas categorías:
- Un Premio "Mellor serie Fotográfica: Amigos dos Animais", dotado con 5.000€ e diploma, así como a difusión da súa obra, tanto en soporte electrónico como en papel.
- Cinco accésits "Mención Especial Serie Fotográfica: Amigos dos Animais", dotados con 500€ e diploma cada un, así como a difusión das obras premiadas.

Máis información:
Ministerio de dereitos sociais, consumo e axenda 2030
P.º do Prado, 18, Centro, 28014 Madrid
Tel. 915 96 10 00
https://www.dsca.gob.es

Comentarios