INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

1ª Convocatoria Certame Novos Artistas Realistas Españois

 

O obxecto desta convocatoria é realizar unha chamada a artistas novos que participan do realismo e a figuración para formar parte dunha exposición temporal colectiva.

O Museo do Realismo Español Contemporáneo (MUREC) ten como fin e obxectivo principal mostrar a evolución da arte realista en España desde 1900 ata os nosos días, mediante a exposición permanente de obras dos principais representantes das distintas escolas, estilos e tendencias vinculadas ao realismo español contemporáneo.
 
Requisitos:
-Esta convocatoria está dirixida a artistas de nacionalidade española,
maiores de 18 anos e menores de 35 anos.
-Os participantes terán plena liberdade temática, sendo admitidas todas as técnicas e procedementos.

Dotación:
Outorgaranse dous premios que consistirán na adquisición de dúas obras presentadas á convocatoria, unha por parte da Deputación de Almería e outra por parte da Fundación de Arte Ibáñez Cosentino por un importe de 3.000€ cada premio.

Convoca:
Museo do Realismo Español Contemporáneo

Dirección:
Museo do Realismo Español Contemporáneo. MUREC
Paseo de San Luís s/n
950 20 22 92
info@murecalmeria.es
 
Máis información:

Web institucional




Comentarios