Concurso Literario Xaime Illa Couto
O Concello de Poio convoca o Concurso Literario Xaime Illa Couto.
Poderá participar calquera persoa nas seguinte categorías
- Ata 17 anos: será requisito ter empadroamento no concello de Poio ou matrícula nun centro educativo deste concello.
- De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica, sempre que se cumpran as demais normas do concurso.
As modalidades do concurso serán Relato curto ou conto e Poesía
Os traballos serán de carácter individual e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.
Cada participante poderá presentar un único traballo por modalidade.
Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.
O tema será libre.
A extensión dos traballos será como máximo de tres folios por unha soa cara (para relato curto ou conto) e dun folio por unha soa cara (para poesía).
Os traballos mecanografados entregaranse a tamaño de letra 12 e espazo interlineal dobre. Os traballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.
Os premios serán os seguintes:
Ata 17 anos o premio é de 110 euros, diploma e agasallo conmemorativo.
A partir de 18 anos o premio é de 400 euros, diploma e agasallo conmemorativo.
O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o mércores 12 de abril de 2023, ás 14 horas
https://concellopoio.gal/concurso-literario-xaime-illa-couto-bases/
Comentarios
Publicar un comentario