INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso Fotografía "Ler é Vivir"

 


Concurso Fotografía "Ler é Vivir"

A Fundación Cultural Concha convoca o VI Concurso Fotografía "Ler é Vivir" con motivo da celebración do Día do Libro 2024.

As fotografías deben ser orixinais e inéditas e non poderán ser alteradas electrónicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Permitiranse mínimas correccións de cor e luminosidade, en caso de dúbidas, o xurado podería solicitar ao autor o arquivo Raw para a súa comprobación. O tema principal será a lectura en todos os seus ámbitos: arquitectura, xardíns e natureza, sustentabilidade, contorna de traballo, etc. As imaxes enviaranse en formato .jpg ou .tiff, cunha resolución de 300 ppp e en RGB. Cada autor poderá presentar ata 2 obras.

presentación das fotografías realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo fundacionconcha@gmail.com

Requisitos
Poderá participar no concurso calquera persoa maior de idade e residente en España.

Dotación
Primeiro premio: 500 €
Segundo premio: 200 €

prazo de recepción de fotografías estará aberto ata o 5 de abril de 2024.

Máis información
Bases
fundacionconcha@gmail.com

Comentarios