INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Certame Literario de Piñor de narracións breves

 

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia coa colaboración do Concello de Barbadás convoca o XXVII Certame Literario de Piñor de narracións breves 2024 no que se establecen 3 categorías:
-Categoría A: participantes maiores de idade
-Categoría B: participantes de 13 a 17 anos
-Categoría C: participantes que formen parte do alumnado de Educación Primaria

Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e non poderán ter sido premiados noutros certames. Estarán escritos en galego e a temática é libre. A extensión máxima irá en función das categorías:
-Categoría A: 10 folios por unha soa cara
-Categoría B: 7 folios por unha soa cara
-Categoría C: 3 folios por unha soa cara

presentacón dos relatos poderá realizarse mediante o envío por correo postal indicando no sobre "Para o XXVII Certame Literario de Piñor"a algún dos enderezos seguintes:
-Asociación Música e Cultura de Galicia. Rúa do Pito, 1. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Barbadás (Ourense).
-Casa Municipal da Cultura Manuel María. R/San Bernabé, 37.  CP 32002. A Valenzá. Barbadás (Ourense).
Ou por correo electrónico a algún deste enderezos:
justocalvio@yahoo.es
casacultura@barbadas.es

Dotación
-Categoría A
 Primeiro premio: 500 €, diploma e obsequio
 Segundo premio: 320 €, diploma e obsequio
-Categoría B
 Primeiro premio: 200 €, diploma e obsequio
 Segundo premio: 100 €, diploma e obsequio
-Categoría C
 Primeiro premio: 100 €, diploma e obsequio
 Segundo premio: 75 €, diploma e obsequio

prazo de admisión estará aberto ata o 24 de maio de 2024.

Máis información
Bases

Comentarios