INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2024.

Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2007
b) Estar matriculado no curso 2023-2024 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
- Bacharelato
- Ensinos profesionais de música e danza
- Grao medio de Formación Profesional
- Grao medio de artes plásticas e deseño
- Grao medio de ensinos deportivo
- Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
c) Ter obtido no curso 2023-2024 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación.
d) Ter aprobadas todas as asignaturas do curso 2022-2023, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na asignatura de inglés.

Contía: a axuda comportará a cobertura de todos os gastos de participación no curso, con excepción de 100 € e os gastos de desprazamento ao centro, que serán por conta do participante.

solicitude deberase cumprimentar en www.educacionyfp.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 21 de marzo de 2024.
Máis información no BOE do 9 de febreiro de 2024 e en https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html

Comentarios