INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e de innovación didáctica

 


A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca premios aos proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica desenvolvidos por centros que imparten estas ensinanzas.

Establécense dúas modalidades:

Innovación tecnolóxica ou científica, na que as iniciativas deben estar centradas en impulsar a transferencia tecnolóxica entre centros educativos e a contorna produtiva, procurando ter un impacto significativo na futura inserción laboral do alumnado.

Innovación didáctica, esta modalidade relacionase co ámbito didáctico e nela inclúense proxectos destinados a creación de materiais ou recursos didácticos innovadores para áreas profesionais específicas. Centrados na introdución de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e equipamentos nas aulas, promovendo ambientes virtuais de aprendizaxe.

A avaliación dos proxectos terá en conta aspectos como a súa orixinalidade, viabilidade, colaboración con institucións educativas ou empresariais, participación activa do alumnado, as oportunidades potenciais de emprego xeradas e a planificación do proxecto. Terá especial relevancia a importancia e impacto nos sectores correspondentes, a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe e a capacidade de transferir os resultados obtidos para outros centros de FP.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 19 de febreiro de 2024 (este día incluido)

https://www.edu.xunta.gal/fp/premios-proxectos-innovacion-formacion-profesional-convocatoria-2024 

Comentarios