INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Illustraciencia

 


O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) organiza a 11ª edición do ‘Premio Internacional de Ilustración Científica e da Natureza Illustraciencia’, unha iniciativa que ten como finalidade promover a cultura científica a través da ilustración científica

Poderán participar todas as persoas ou equipos de persoas maiores de 18 anos, sen importar o país de residencia actual.

prazo de recepción das obras permanecerá aberto ata o 31 de marzo de 2024.

Categorías
Científica: propostas que sinteticen e representen visualmente información científica con claridade, obxectividade e rigorosidade. Que fosen feitas co obxectivo de axudar a comprender un texto, fenómeno ou concepto científico, comunicar ou divulgar contidos relacionados con calquera das áreas de produción científica e do coñecemento. As propostas poden representar características taxonómicas, procesos complexos e relacións entre diferentes elementos.
Naturalista: propostas que representen a natureza e os seus elementos de maneira detallada e fiel á realidade. Nas que exista harmonía nas composicións, tanto desde o punto de vista dos elementos ilustrados como desde o punto de vista das cores utilizadas.
Ano Cajal: as propostas que se presenten á categoría Ano Cajal han de estar relacionadas coa anatomía e fisioloxía do cerebro ou do sistema nervioso en xeral e/o con contidos científicos relacionados con investigacións recentes na área das neurociencias.

O Premio Illustraciencia concede unha dotación de 1.000 euros por obra gañadora en cada unha das tres categorías. Os autores/as das 40 obras seleccionadas, a Mención especial do público e as Mencións do xurado recibirán un certificado acreditativo dixital.

https://illustraciencia.info/bases/ 

Comentarios