Fotografía e identidade: o autorretrato
O obxectivo deste actividade é achegar á arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
A idea destas sesións monográficas é introducir temas transversais á educación, como a ecoloxía, a igualdade, a identidade ou a emigración, co fin de que o alumnado poida comprender o mundo que o rodea a través da expresión artística.
Que é o autorretrato? Vai máis alá da representación física? Que conforma a nosa identidade? Que faría que deixásemos de ser nós?. A través do autorretrato, diferentes artistas reflexionan sobre a identidade: a propia, a do seu contorno, a identidade social e familiar, a alteridade e o simulacro.
Persoas destinatarias: Segundo ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos
Sesións presenciais
Duración: 90 minutos / Prazas: máximo 25 persoas.
Ao rematar a conversa realizarase un taller onde se afondará nalgúns dos conceptos tratados durante a sesión. O alumnado poderá crear un autorretrato obxectual que funcionará como unha cápsula do tempo da súa identidade.
Sesións en liña
Duración: 50 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Tras a presentación, proporáselles aos grupos que opten pola sesión á distancia a creación de autorretratos obxectuais nos seus centros educativos.
Requisitos técnicos: o centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).
As sesións desenvolveranse ata o 28 xuño 2024.
Inscrición: a actividade é de balde e, para participaren, os centros interesados deberán enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, nome da persoa responsable, número de persoas de que consta o grupo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto
Comentarios
Publicar un comentario