EduCaixa para centros educativos
EduCaixa é unha iniciativa que ten como obxectivo apoiar aos centros educativos no deseño, posta en marcha e avaliación de proxectos de transformación educativa fundamentados na evidencia.
A convocatoria ofrece axudas por valor de 5.000 euros a un total de 100 entidades educativas de España.
Deste obxectivo xeral xorden catro obxectivos específicos:
- Promover un proceso de reflexión e actualización permanente das prácticas que se desenvolven.
- Promover unha cultura valorativa que permita unha información adecuada sobre os procesos de toma de decisións.
- Promover o cambio e a mellora nos centros educativos, tendo en conta os principais resultados e conclusións da investigación educativa.
- Conseguir que os proxectos e programas contribúan de forma eficaz a conseguir un modelo de escola que responda ás necesidades do alumnado.
O prazo para a presentación de proxectos estará aberto ata o 15 de marzo de 2024 (inclusive).
Comentarios
Publicar un comentario