Cultura no Camiño
A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño, subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais polas cales discorren os diferentes Camiños de Santiago, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais.
As programacións incluídas nesta convocatoria deberán conter, como mínimo, dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia cun orzamento superior a 5.000 € nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 8.750 € nos concellos de máis de 20.000 habitantes.
As programacións serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 15 de xuño ao 31 de agosto de 2024.
O prazo de presentación estará aberto ata o 19 de marzo de 2024.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal, co procedemento CT302B
Máis información no DOG do 19 de febreiro de 2024
As actividades susceptibles de ser contratadas estarán dispoñibles para coñecemento das persoas beneficiarias na plataforma de xestión da Agadic, www.galescena.gal
Comentarios
Publicar un comentario