Concurso “Os estudantes falan: unha visión sobre o futuro”
Cátedra Telefónica seleccionará a través deste concurso a 8 estudantes de universidades con Cátedra Telefónica para presentar publicamente o seu traballo no panel “Os estudantes falan: unha visión sobre o futuro”, dentro do programa da Xornada Anual da Rede de Cátedras Telefónica que se celebrará en 2024 con motivo do Centenario de Telefónica. Os temas do panel serán os seguintes:
- Intelixencia Artificial – Estudantes 1 e 2 seleccionados para este tema 1
- Ciberseguridade e privacidade – Estudantes 3 e 4 seleccionados para este tema 2
- Dixitalización responsable: ESG – Estudantes 5 e 6 seleccionados para este tema 3
- Que traballos veñen e que formación necesito – Estudantes 7 e 8 seleccionados para este tema 4
Cada universidade poderá achegar, polo menos, un traballo relacionado cun dos 4 temas. Como máximo, poderá presentar ata 2 traballos (un por tema). Cada traballo terá unha extensión máxima de 5 páxinas en formato .doc e tamaño A4 e irá acompañado dun vídeo elaborado polos propios alumnos e no que participen os mesmos (máximo 2 minutos de duración). Os equipos estarán conformados por un mínimo de 2 alumnos e un máximo de 10 alumnos. A dirección do equipo que represente á universidade correrá a cargo do director da Cátedra.
Aos equipos gañadores concederáselles un premio por parte da Dirección de Relacións Institucionais de Telefónica España.
O prazo para a elaboración dos traballos estará aberto ata o 19 de febreiro de 2024.
Máis información
catedraietelefonica.es
jcidras@uvigo.gal
Comentarios
Publicar un comentario