Concurso de Poesía Concello de Carral
O Concello de Carral, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, convoca a 27ª edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.
Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.
Haberá un premio único de 3.500 €.
Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado.
A presentación das obras farase exclusivamente de maneira dixital no enderezo web http://rexistro.culturacarral.es
Os traballos presentaranse en formato pdf mecanografados a dobre espazo en páxinas numeradas, cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor ou autora. Nos metadatos do arquivo non poderán figurar datos persoais.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 31 de marzo de 2024.
Máis información: https://www.carral.es
Casa da cultura de Carral, teléfono 981 672 580.
cultura@carral.es
Comentarios
Publicar un comentario