INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso de micro-relatos OZOCOgz

 

OZOCOgz convoca o 12º Concurso de micro-relatos. Os micro-relatos deberán estar escritos en lingua galega. Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados a ningún outro concurso ou certame literario. A temática será o cinema. A extensión máxima dos micro-relatos será de 150 palabras. Admitirase só 1 micro-relato por perfil de Facebook.

presentación das obras realizarase mediante o envío dunha mensaxe privada na páxina do facebook de OZOCOgz. Nesa mensaxe figurará tamén o nome do relato xunto cun pseudónimo, que será o nome que se usará para publicar o relato na páxina de facebook e máis na web www.ozocogz-atenda.com/i/micro-relatos. Outra maneira de enviar os relatos é através do correo electrónico micro-relatos@ozocogz.gal. Neste caso figurará no asunto 12 CONCURSO MICRO-RELATOS OZOCOgz. Deberá indicarse o nome que se usa no perfil de facebook e, coma no caso anterior, figurará tamén o nome do relato xunto cun pseudónimo, que será o nome quese usará para publicar o texto na páxina de facebook e máis na web www.ozocogz-atenda.com/i/micro-relatos.

Requisitos
– Ter cumpridos os 16 anos ou máis.
– Ter un perfil en Facebook.
– Compartir o evento do concurso engadindo a etiqueta @ozocogz e os cancelos #ConcursoMicro-relatosOZOCOgz e #ConcursoMicrorrelatosOZOCOgz.
– Premer (de non telo feito con anterioridade) no “Gústame” da páxina www.facebook.com/ozocogzdesenho.galego e facerte seareiro ou seareira.

Dotación
Primeiro premio: 1 xogo de mesa VACALOURA de OZOCOgz, 1 agasallo de produtos Nela Biosense e 1 vale, obsequio do Hotel Rural Pazo de Esposende (Ribadavia – Ourense), para unha noite con almorzo para dúas persoas.
Segundo premio: 1 xogo de naipes GALIZA NO TEMPO de OZOCOgz, 1 agasallo de produtos Nela Biosense e 1 lote de libros (doados polas editoriais Kalandraka e Galaxia).

prazo de envío dos micro-relatos estará aberto ata o 30 de abril de 2024.

Máis información
https://ozocogz-atenda.com
www.facebook.com/ozocogzdesenho.galego
micro-relatos@ozocogz.gal

Comentarios