INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres

 



O Concello do Grove convoca o Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres.

Para participar deberanse presentar imaxes que reflictan o facer das mulleres nos diferentes eidos da vida (social, laboral, político, artístico, creativo, de ocio...).

A este certame poderá inscribirse toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada, presentando un máximo de tres fotografías en formato dixital. As fotos, que serán orixinais e non premiadas noutros concursos, poderán ser presentadas en formato horizontal ou vertical, tanto en cor como en branco e negro.

Para concorrer ao certame, as fotografías deberán enviarse en formato dixital ao enderezo de correo electrónico 08marzogrove@gmail.com acompañadas da correspondente folla de inscrición cuberta, dunha declaración de responsabilidade asinada e dunha copia do documento de identidade da autora ou autor.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 3 de marzo de 2024, incluído.

O xurado outorgará un primeiro premio de 350 euros, un segundo de 250 e un terceiro de 150 euros.

https://www.concellodogrove.es/index.php?ap=0&lng=es&cont=18&id=2834 

Comentarios