Concurso de banda deseñada "Demo Pequeno"
O Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial convocan o II concurso de banda deseñada de humor "Demo Pequeno". Os mozos poderán participar de xeito individual ou por equipos de dúas persoas (guionista e debuxante) nas seguintes categorías:
-Infantil: rapazada de 8 a 11 anos
-Xuvenil: mozos e mozas de 12 a 16 anos
Os participantes deberán presentar unha única historia curta de banda deseñada (máximo 1 páxina) ou tira cómica, con enfoque humorísitico e temática: “A revolución tecnolóxica está a cambiar o mundo". Como serán as profesións e o traballo do futuro? Cómo ve a mocidade o seu propio futuro, o mundo onde terá que traballar cando remate os estudos? Todo isto desde a perspectiva do humor e da crítica. A obra, que deberá ser inédita e orixinal, presentarase en papel ou cartolina en tamaño 297x210 mm (DIN-A4) ou 297x420 mm (DIN-A3). Todos os textos que se inclúan na bd ou tira cómica deberán estar redactados en galego aínda que tamén se poderán presentar traballos sen texto.
A presentación da obra realizarase mediante envío postal ao enderezo Museo do Humor Xaquín Marín. Avda. Conces, 20-22, 15500 Fene, A Coruña ou por correo electrónico ao enderezo museodohumor@gmail.com.
Requisitos
Poderán presentarse mozos e mozas galegos de 8 a 16 anos.
Dotación
-Categoría Infantil
Primeiro Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75€ e diploma.
Segundo Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 50€ e diploma.
-Categoría Xuvenil
Primeiro Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 100€ e diploma
Segundo Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75 € e diploma.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 30 de abril de 2024.
Máis información
https://fene.gal/
museodohumor@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario