INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Cartel do Festival do Mundo Celta de Ortigueira

 

O Concello de Ortigueira convoca un concurso para o deseño do Cartel Oficial do Festival Internacional do Mundo Celta do ano 2024 e as súas adaptacións.

O gañador deste concurso deberá presentar as seguintes adaptacións do cartel gañador:
- Cartel con insercións publicitarias e actuacións musicais.
- Documentos de promoción do Festival, segundo as medidas e características que se faciliten: folletos, programas de man etc.
- Adaptación do cartel para a súa gravación en camisetas e demais produtos promocionais do Festival (colgantes, gorras, etc), en varios tamaños e tipos, cun deseño a dous, tres e catro cores.

As obras a concurso serán presentadas en soporte dixital e impresas, aínda que serán de concepción e técnicas libres.
Non se admitirán obras presentadas en sistemas non dixitais como acuarelas, óleos, plumillas, etc. En caso de realizarse nestas técnicas, as obras deberán presentarse en formato e soporte dixital.
Os carteis presentaranse montados a sangue sobre cartón pluma ou soporte ríxido, de espesor entre 50 e 100 mm, sen cristal protector nin marco. O seu formato será vertical e o tamaño será o homologado de A1, é dicir, de 84,1 cm de altura x 59,4 cm de ancho.

Os traballos presentaranse ou enviarán, debidamente embalados, a Concello de Ortigueira – Festival de Ortigueira “referencia Concurso do Cartel para o Festival 2024”
Praza de Isabel II, 1. 15330 Ortigueira. A Coruña

Prazo: 26 de febreiro de 2024

Máis información en https://festivaldeortigueira.com/concurso-de-carteis/

Comentarios