INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Axudas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para a conciliación familiar

 


A Xunta de Galicia convoca axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa do Plan Corresponsables para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de marzo de 2024
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento SI427A e SI436B
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2024 e en http://igualdade.xunta.gal


Comentarios