Arte na aula ler, crear e comunicar a través de imaxes
O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza o curso Arte na aula ler, crear e comunicar a través de imaxes
Vivimos rodeados de imaxes e temos, máis ca nunca, acceso a ferramentas que nos permiten crear mensaxes visuais ou audiovisuais e compartilas. A linguaxe visual proponnos un achegamento espontáneo ao mundo, a través do cal consumimos, gozamos e mesmo xeramos imaxes de forma instintiva.
Pero, coma calquera outra linguaxe, a nosa capacidade para interpretar e crear de forma coherente, libre e autónoma está directamente ligada ao coñecemento e á práctica dese código de expresión e comunicación. Este curso achegaranos de forma práctica ás ferramentas que nos permiten planificar e deseñar unha mensaxe, compoñela e darlle forma, expresar unha idea e comunicarnos coa contorna de forma visual.
As persoas que asistan ao curso en calquera das súas dúas modalidades poderán observar, reflexionar e experimentar por medio de diferentes soportes: álbums ilustrados, fotografías, storyboard, carteis, arte urbana, pintura, cinema, publicidade…
Datas da modalidade presencial:
9 de marzo de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 28 e 29 de febreiro de 2024
6 de abril de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 26 e 27 de marzo de 2024
26 de outubro de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 15 e 16 de outubro de 2024
23 de novembro de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 12 e 13 de novembro de 2024
Persoas destinatarias:
Docentes de calquera das etapas da educación formal (infantil, primaria, secundaria e bacharelato, ciclos formativos ou graos de educación), profesionais da educación artística, persoas interesadas na didáctica da arte e estudantes de Belas Artes ou Ciencias da Educación.
Inscrición:
O curso é de balde. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal na que deberán indicar os apelidos e o nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.
https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/arte-na-aula-ler-crear-e-comunicar-traves-de-imaxes
Comentarios
Publicar un comentario