A arte como plataforma para a igualdade. Mulleres artistas
O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza a actividade A arte como plataforma para a igualdade. Mulleres artistas, dirixida a alumnado de segundo ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos.
O obxectivo desta actividade é achegar a arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
A idea destas sesións monográficas é introducir temas transversais á educación, como a ecoloxía, a igualdade, a identidade ou a emigración, co fin de que o alumnado poida comprender o mundo que o rodea a través da expresión artística.
Sesións presenciais
Duración: 90 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Os grupos que visiten o CGAC realizarán, ademais, un taller creativo arredor dos contidos propostos durante a conversa.
Sesións en liña
Duración: 50 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Aos grupos que participen nas sesións a distancia, propómoslles a realización dunha creación colectiva no seu centro educativo.
Requisitos técnicos: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).
Inscrición: As actividades son de balde e, para participaren, os centros interesados deberán enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a actividade, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.
Comentarios
Publicar un comentario