INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

DÍA EUROPEO DA INFORMACIÓN XUVENIL

 

O 17 de abril celebramos, como cada ano, o Día Europeo da Información Xuvenil.

Este ano, a ERYICA (axencia europea da información xuvenil) lanza unha campaña para mellorar a alfabetización mediática e informacional da poboación moza. Trátase dun tema no que se vén traballando tanto no ámbito educativo como no das competencias sociais dende hai tempo. De feito, a UNESCO desenvolve todos os anos a súa Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional.

Nesta ocasión, a ERYICA propón micropílulas que melloren a formación dos mozos e mozas sobre temas como as noticias falsas, o fishing, os trols, o manexo en contornas virtuais ou a adquisición dun espírito crítico no eido da información, entre outros. En definitiva, trátase de achegar ferramentas para que a poboación xuvenil saiba moverse nun contexto, ás veces, de desinformación dixital.

Dende a Xunta de Galicia unímonos a esta campaña e animamos a todos os mozos e mozas a mellorar a súa formación nestes temas para distinguir a información veraz da que non o é.

Comentarios