III Programa de Residencias Artísticas FMJJ/Normal
III Programa de Residencias Artísticas FMJJ/Normal
A Fundación María José Jove e a Universidade dá Coruña, a través de NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da UDC, convocan a III edición do Programa de Residencias Artísticas FMJJ/normal en 2023. Esta convocatoria ten como obxectivo profundar nas relacións entre creación artística, pensamento crítico e participación social, así como fortalecer o contexto cultural galego, promovendo proxectos creativos de interese social vinculados á comunidade.
A QUEN VAI DIRIXIDO: Para público en xeral
INSCRICIÓNS: Ata o 12/06/2023
REQUISITOS:
Creadores/ as de calquera nacionalidade ou procedencia xeográfica, vinculados/as ás artes visuais.
As solicitudes serán individuais, non se admitirán solicitudes de grupos ou colectivos.
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
Establécese unha dotación económica de ata 6.000 €, 3.000 € en concepto de honorarios e ata 3.000 € en concepto de gastos de produción e viaxe dos/as artistas (previa xustificación), ademais cubrirase a estancia dos/as artistas seleccionados/as.
PÁXINA WEB: www.fundacionmariajosejove.org
CONTACTO:
- Fundación María José Jove
Tel.: 981 160 265
correo-e: fmjj@fundacionmariajosejove.org
-Normal
Tel.: 981 167 000
correo-e: normal.comunicacion@udc.gal
SOLICITUDES: a inscrición e o envío da documentación realizarase a través do correo-e normal.comunicacion@udc.gal
Comentarios
Publicar un comentario