INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

XXXVI Premio para a mocidade "Poeta Eduardo de Ory Sevilla"

 

A Real Academia Hispanoamericana de Ciencias, Artes e Letras convoca o XXXVI Premio “Poeta Eduardo de Ory Sevilla”

Poderán concorrer autores e autoras entre 15 e 25 anos, cumpridos ata a data do Día do Idioma do ano 2023 (23 abril), de calquera nacionalidade, sempre que as obras estean escritas en castelán, sexan orixinais e inéditas e non fosen premiadas anteriormente noutro concurso.

As modalidade son Poesía e Relatos Curtos de temática será libre.

premio, en cada modalidade, consistirá:
- Diploma acreditativo
- Publicación na revista dixital da Real Academia Hispano Americana de Ciencia, Artes e Letras (ISSN: 2174-0445) /www.revista.raha.es)
- Lote de libros
- Dotación de 200 € doados pola familia De Ory Cristelly

Na modalidade “Poesía”, os traballos consistirán nun poema ou conxunto de poemas, cunha extensión mínima de 15 versos e unha extensión máxima de 50 versos.
Na modalidade de “Relatos Curtos”, os traballos terán unha extensión máxima de 8.000 caracteres (con espazos) ou de 10.000 caracteres (sen espazos).

Para ambas as modalidades, os orixinais deberán estar mecanografado, interlineado de 1,5, utilizando un tipo Arial ou Times New Roman, a 12 puntos. En documento a tamaño A-4, por unha soa cara. Respectando unhas marxes non inferiores a 2,5 cm en cada dirección (laterais e superior e inferior). As páxinas estarán debidamente numeradas.

O orixinal da obra presentarase unicamente en formato dixital. O traballo deberá ser enviado á dirección electrónica da Real Academia Hispanoamericana de Ciencias, Artes e Letras: raha@raha.es

No asunto do mail especificarase: Premio “Poeta Eduardo de Ory Sevilla 2023 Modalidade Poesía” ou “Premio Poeta Eduardo de Ory Sevilla 2023. Modalidade Relatos Curtos”. Enviaranse no mesmo correo dous arquivos adxuntos en formato Word:

prazo de admisión de traballos estará aberto ata o 20 de marzo de 2023

https://www.raha.es/premios/ 



Comentarios