Subvencións a veciños e a mulleres rurais
A Xunta de Galicia convoca subvencións a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, para realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso, e traídas de auga veciñais, coa finalidade de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR487A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de febreiro de 2023.
Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2023 e en http://cpapx.xunta.gal
administracionlocal@xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario