IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola igualdade
Co motivo da celebración do 8 de marzo e para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola igualdade
Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme a normativa vixente.
As obras deberán atender ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.
As obras a concurso deben ser orixinais, inéditas e non premiadas.
A obra, que se publicará como álbum ilustrado, non deberá exceder os 5 000 caracteres (espazos incluídos).
Enviaranse seis copias da mesma en papel, mecanografadas a dobre espazo e, canto menos, grampadas a:
BAÍA EDICIÓNS
Polígono Pocomaco, 2.ª Avenida. Parcela A2 / Nave 52.
15190 A Coruña.
O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 8 de marzo de 2023.
O premio considerará unha única obra gañadora, á que se lle asigna unha dotación económica de 2.500 euros.
Comentarios
Publicar un comentario