I concurso de pintura "Otero Baena"
O Concello de Bueu, como parte do seu compromiso coa cultura e co obxectivo de dar a coñecer a figura do artista local José Benito Otero Baena, convoca o I concurso de pintura "Otero Baena" do Concello de Bueu para artistas noveis.
A temática será de libre elección e aceptarase calquera técnica pictórica. As obras formarán parte da exposición que estará aberta ao público na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa do Concello de Bueu do 1 ao 24 de xuño de 2023.
O nome da obra premiada darase a coñecer en torno ao 27 de xuño de 2023, data de nacemento de José Benito Otero Baena, artista que se reclama neste concurso.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de abril de 2023. Para máis información podes consultar as bases da convocatoria aquí.
Requisitos
O concurso está dirixido a todos/as aqueles/as artistas noveis, maiores de 18 anos.
A obra debe de ser inédita e orixinal, non premiada con anterioridade.
A medida máxima do soporte é de 1 m de ancho por 1 m de alto.
Dotación
Premio: 1.500€
Dotación
O premio terá unha dotación única de 1.500 €.
Máis Información
Concello de Bueu - Rúa Eduardo Vincenti nº18,
36930 Bueu (Pontevedra)
Tel: 986 390 029
Páxina web Concello de Bueu
Bases da convocatoria
comunicacion@concellodebueu.ga
Comentarios
Publicar un comentario