CORPO EUROPEO DE SOLIDARIEDADE
Voluntariado de Axuda Humanitaria
Tes entre 18 e 35 anos e queres participar nun voluntariado de axuda humanitaria?
Xa está aberta a autoavaliación para acceder á formación obrigatoria previa a este tipo de voluntariados do Corpo Europeo de Solidariedade.
Requisitos
Estar inscritos/as no programa do Corpo Europeo de Solidariedade.
Indicar no seu perfil do Corpo Europeo de Solidariedade o seu interese por participar no voluntariado de axuda humanitaria.
Ter entre 18 e 35 anos.
Ser residente nun Estado membro da UE ou nun país asociado ao programa (Islandia, Liechtenstein, República de Macedonia do Norte, Türkiye).
Neste tipo de voluntariado realízanse diferentes tarefas: fortalecer a capacidade local e a resiliencia das comunidades vulnerables afectadas por desastres, como refuxiados ou desprazados internos, apoiar o WASH (auga, saneamento e saúde), o sector agroalimentario, a integración dos mozos con menos oportunidades nas comunidades locais e, en xeral, a loita contra todo tipo de discriminación.
Para ser seleccionado/a deberase completar un curso de capacitación obrigatorio que se impartirá en liña na plataforma da Academia da UE e logo, para aquelas persoas que aproben a proba, participarán durante 5 días nunha formación presencial en grupos duns 25 candidatos.
Podes acceder a estes cursos a través da pestana "Formación en liña" da túa conta do Corpo Europeo de Solidariedade. Asegúrate de seleccionar a opción "Capacitación en axuda humanitaria" (non Capacitación xeral en liña).
O número de prazas é limitado: só se formará a 1.000 candidatos/as en 2023.
Máis información acerca dos pasos e requisitos a seguir en: youth.europa.eu
Comentarios
Publicar un comentario