INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso de Fotografía "Xurxo Lobato"

 


A Asociación de Amigos do Instituto Monelos da Coruña convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato.

O concurso vai dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Artes de Galicia, cun límite de idade de 21 anos.
O tema é libre. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
Poderán presentarse un máximo de tres fotografías por participante.
As fotografías serán en formato dixital, non poderán levar marcas de auga, e só se poderán enviar por correo elecrónico a amigos.monelos@gmail.com

prazo para envíar fotografías estará aberto ata o 15 de marzo de 2023.

Premios:
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premio.

www.facebook.com/concursofotografiaxurxolobato 

Comentarios