INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Bolsas Santander Language | Online English Courses 2023 – British Council

 

Harvard Business School Publishing Corporation, co respaldo económico de Banco Santander, S.A., convocan as Bolsas Santander Skills | Business for All – Harvard Business
Publishing, coas que se fomenta o desenvolvemento de competencias sociais por parte de adultos respecto a dúas áreas: fundamentos de negocio e capacidade de autoxestión, co fin de aumentar as oportunidades de conseguir un emprego.

Ofértanse 5000 bolsas de cursos de inglés online cunha duración de durante 16 semanas. Ademais obterás un certificado de British Council.  

prazo de inscrición está aberto ata o día 13 de abril de 2023. Para inscribirte non é necesario ter título universitario nin ser cliente de Banco Santander.
Podes realizar a inscrición a través da seguinte ligazón: app.becas-santander.com

Requisitos
Residentes de: Arxentina, Alemaña, Chile, Brasil, México, España, Portugal, Polonia, Reino Unido, Estados Unidos ou Uruguai.
Persoas maiores de 18 anos no momento da solicitude. Non é necesario ser cliente actual ou futuro do Banco Santander.
Facer o test de habilidades antes do 14 de abril antes das 23:00 Madrid GMT +1 (A ligazón para realizar o test chégache a través do correo de confirmación de inscrición). Se non completas esta proba, non se che considerará para a bolsa. O British Council fará o proceso de selección para estas bolsas baseado no resultado do test de habilidades.

Dotación
A bolsa inclúe matrícula e curso. Non ten ningún custo en absoluto; os cursos están completamente financiados.

 

Máis información acerca da convocatoria na páxina web: app.becas-santander.com



Comentarios