Noites Abertas en Pontevedra
O programa deste ano vai desde o 27 de xaneiro até o 1 de abril, propiciando 16 xornadas cun horario de actividades que oscila entre as 18 horas e 00.30 da noite. Todos os venres e sábados haberá que escoller que facer e con que divertirse.
As actividades parten de diversos sectores da poboación como son «empresas locais e asociacións da cidade, ademais de clubs deportivos e tamén propostas individuais».
Noites Abertas ten como un dos seus obxectivos clave como é o fomento da participación cidadá; propostas míticas como cestaría, observación nocturna no Gafos, billarda, tenis de mesa, bádminton, fútbol 7 mixto, a lámpada marabillosa. Introdúcese algunha nova como o Escape Room en Santa Clara, de realidade virtual con Gaming Troop, pintura de miniaturas e wargames con Rotting Pizza.
Comentarios
Publicar un comentario