62º Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto
Fundación Coca-Cola convoca o "Concurso Coca-Cola Novas Talentos de Relato Curto" en colaboración con Coca-Cola Europacific Parteners (CCEP), que se conformará por 5 edicións diferentes e simultáneas que forman parte dun mesmo sistema (un por cada lingua do estado: castelán, catalán, catalán balear, eúscaro e galego).
No caso do concurso en idioma galego colabora conxuntamente a Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.
O obxectivo do concurso é fomentar a escritura creativa entre os alumnos de 2º de ESO, inspirarlles e acompañarlles no desenvolvemento de habilidades e capacidades que lles axude a afrontar o seu futuro con máis confianza.
Por cada centro escolar os profesores seleccionarán como máximo a cinco alumnos de cada clase de 2º de ESO baixo os seus criterios para participar na proba escrita. Cada centro escolar organizará o seu propio sistema de selección dos cinco alumnos que representarán ao centro na Fase de Redacción do concurso.
O prazo máximo para entregar toda a documentación é ata o 14 de febreiro de 2023.
Requisitos
Alumnado que cursa 2º da ESO sen superar a idade máxima de participación de 16 anos.
Participación a través dos colexios/institutos onde se realicen devanditos estudos.
Pódese participar nun dos idiomas a escoller: castelán, catalán, catalán balear, eúscaro ou galego ou en dous deles sempre presentando un relato diferente para cada idioma.
Máis información
62º Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto
Bases da convocatoria
Comentarios
Publicar un comentario