INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

I Certame de pintura “Otero Baena” para artistas noveis

 


O Concello de Bueu convoca o I Certame de pintura “Otero Baena” do Concello de Bueu para artistas noveis.

- O certame vai dirixido a todos/as aqueles/as artistas noveis, maiores de 18 anos, cuxa obra presentada terá que ser inédita e orixinal. Polo tanto, non se admitirán as xa expostas noutros concursos ou certames, individuais ou colectivos, nin as reproducións ou retoques doutras obras xa coñecidas. De ser o caso, a obra quedará automaticamente excluída do certame.
- A temática será de libre elección e admitirase calquera técnica de pintura.
- O formato será libre, cunha medida máxima do soporte de 1 m de ancho por 1 m de alto.
- Poderán presentar os seus traballos as persoas de forma individual ou colectiva.
- Aceptarase un só traballo por autor/a ou colectivo.

O premio terá unha dotación única de 1.500 €
O prazo de presentación dos orixinais estará aberto ata o
30 de abril de 2023.

Máis información no BOP de Pontevedra do 14 de decembro de 2022 e en https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-impulsa-o-i-certame-de-pintura-otero-baena-para-artistas-noveis/

Comentarios