INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Axudas do Programa Reina Letizia para a Inclusión


Convocatoria da III Edición do "Programa Reina Letizia para a Inclusión", de axudas para promover a mellora das condicións formativas e profesionais das persoas con discapacidade. A súa finalidade é promover e incentivar que as persoas con discapacidade que non están a acceder á formación e á educación inclusiva, equitativa e de calidade, poidan superar as barreiras que limitan ese acceso.

Así mesmo, para aquelas persoas con discapacidade que, aínda accedendo á devandita formación e educación, ven limitados os seus recursos de maneira que por si mesmas non poderían gozar plenamente do mesmo, promoveranse todas as melloras das súas condicións educativas, formativas e para a súa inserción social de maneira que se lles garanta o seu exercicio do dereito á educación sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades.

Prazo de presentación das solicitudes aberto ata o día 07 de xaneiro de 2023

Requisitos

Ter nacionalidade española ou residencia legal en España.
Ter unha discapacidade legalmente recoñecida en España, igual ou superior ao 33%.
Tamén serán beneficiarias as persoas con capacidade intelectual límite destinatarias das medidas de acción positiva para o acceso ao emprego, ou atoparse en situacións asimiladas.
Iniciar ou estar a seguir estudos ou actividades formativas para mellorar a súa formación, cualificación, empregabilidade e inserción social nalgún centro educativo conforme aos ensinos comprendidos nesta convocatoria.

Dotación
O importe máximo da axuda por beneficiario será de 12.000 euros.

 

Máis información

Páxina web

Convocatoria BOE

Acceso ao trámite

Tlf.: 917939722

infoayudasrpd@fundaciononce.es

Comentarios