INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

XVIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis

 “Inventa un mundo, unha fantasía de certame!” é o título elexido para o XVIII Certame de Narración Curta do Concello de Curtis convocado pola área de Educación e Cultura.

O prazo de inscrición está aberto ata o 25 de Abril de 2023

Requisitos

Dirixido a persoas de calquera procedencia a excepción dos premios locais, que estarán reservados a participantes vinculados co Concello de Curtis por nacemento, residencia, estudo ou relación laboral con empresas ou centros con sede física no termo municipal.
Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.
Extensión: Entre 3.000 e 5.000 caracteres (espazos incluídos).

Premio

Categoría A: Dos 12 aos 17 anos.

1º premio: 400 €.

2º premio: 200 €.

Premio local: 400 €.

Categoría B: Dos 18 anos en diante.

1º premio: 700 €.

2º premio: 300 €.

Premio local: 700 €.

 

Máis información

http://www.curtis.gal/ 

Tel: 651 046 603

Mail: relatoscurtis@gmail.com

Concello de Curtis: Praza de España nº1, 15310 - Teixeiro - Curtis (A Coruña)

Comentarios