INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Proxecto REDES. Uso seguro das redes sociais e internet para a mocidade

 


Un grupo de estudantes de cuarto curso do Grao de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela vén de dar forma a unha nova e innovadora canle didáctica, interactiva e en galego de YouTube destinada a promover o uso seguro do Internet e das redes sociais, así como dar a coñecer as consecuencias do seu uso equivocado. Trátase do proxecto R.E.D.E.S. (Recoñecemento e Descubrimento de Espazos Seguros).

O obxectivo deste proxecto é a mocidade de entre os 13 e 16 anos de idade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a concepción e deseño deste proxecto, levouse a cabo unha investigación na que participaron máis dun centenar de escolares galegos, obtendo como principais resultados a porcentaxe dun 62% do alumnado que non modifica os seus contrasinais e dun 35% que os comparte coas súas amizades. Ademais, un 28% algunha vez foi vítima de crimes como estafa por compra, ciberbullying, suplantación de identidade, publicación e difusión de contido sen permiso ou hackeo da súa conta.

O proxecto concíbese como unha aventura interactiva na que o usuario aprenderá acerca da contorna dixital, obtendo as ferramentas precisas para identificar situacións de risco nas redes. A aventura que se formula xira entorno a Xulia, unha rapaza que se ve envolta nunha serie de contratempos onde ten que tomar decisións como empregar unha tarxeta de crédito para mercar, enviar unha foto moi persoal ou saber se a persoa coa que está falando é de verdade quen di ser. En función destas eleccións, as consecuencias variarán.
Inclúense tamén pequenas pílulas informativas (coñecidas como shorts) nas que se achegan contidos útiles e recursos de interese para a mocidade que estea a experimentar vivencias como as de Xulia.

https://www.youtube.com/@proxectoredes

Comentarios