Bono dixital para familias vulnerables
Co obxecto de facilitar o proceso de solicitude dos bonos, as persoas interesadas poden acudir ao traballador/a social do seu concello e este encargarase de realizar a solicitude. Non obstante, as perosas interesadas poderán tamén presentar as solicitudes por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, co formulario AP400A ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos.
- Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.
- Así mesmo, tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación ou risco de exclusión social.
Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
a) 1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores nesta.
b) 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.
A iniciativa, enmarcada no programa estatal ÚNICO Bono Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á banda longa fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.
Os interesados poden coñecer cales son as entidades colaboradas a través do rexistro de operadores-colaboradores accesible a través das seguintes ligazóns: https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AP400A&ano=2022&numpub=1&lang=gl
Comentarios
Publicar un comentario