INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

XXXII Concurso de Contos Vila de Pontedeume

 


O Concello de Pontedeume convoca o XXXII Concurso de Contos Vila de Pontedeume

O concurso de contos está dirixido a estudantes de segundo ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos de formación profesional básica e Ciclos de formativos de grao medio ou superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
Os contos estarán en lingua galega e cada participante presenta unha única obra.
Os contos, que deberán ser orixinais, inéditos e non publicados e premiados anteriormente, terán unha extensión non inferior a 6 páxinas nin superior a 8, estarán mecanografados a dobre espazo interlineal con letra Arial,
corpo 12, e tamaño DINA4. As follas deberán estar paxinadas.

As obras poderán presentarse directamente ou ben ser remitidas por correo certificado ao rexistro xeral do Concello de Pontedeume (R/ Real 13, 15600 Pontedeume. A Coruña) en sobre pechado co título da obra e lema ou pseudónimo do autor/a, acompañado doutro pequeno sobre, tamén pechado, no que conste o auténtico nome e apelidos do autor/a, así como a fotocopia do seu DNI, teléfono, enderezo e indicación do centro no que cursa os seus estudos e estudos que está cursar.

Premio: 600 €.

O prazo de presentación estará aberto ata o 22 de abril de 2022.

O día da entrega dos premios será o día 17 de maio, día das letras galegas.
Máis información no BOP da Coruña do 6 de abril de 2022, e na OMIX de Pontedeume, teléfono 981 433 039

https://www.pontedeume.gal/xxxii-concurso-de-contos-vila-de-pontedeume/ 


Comentarios