Reescribe a pobreza
A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en España (EAPN-ES) convoca o VIII Concurso de microrrelatos “Reescribe a pobreza” co obxectivo de chamar a atención sobre as situacións de exclusión social e pobreza que sofren diariamente millóns de persoas no noso país.
Buscan as mellores historias cun máximo de cen palabras que denuncien, describan ou chamen a atención sobre as situacións de pobreza e exclusión social, os discursos do odio, a aporofobia, pero tamén valores como a solidariedade, a empatía e a loita contra a discriminación.
As persoas participantes deberán enviar as súas microrrelatos, cuxa extensión non poderá exceder as cen (100) palabras, a través do formulario que atoparán na páxina web de EAPN-ES: completando ademais todos os campos declarados expresamente obrigatorios no mesmo. Os microrrelatos presentados deberán ser acordes co tema e o contido do concurso, que é: a loita contra a pobreza, exclusión social, aporofobia, discursos do odio e discriminación.
O microrrelato deberá remitirse escrito en castelán, deberá ser orixinal e inédito.
O prazo para enviar os microrrelatos estará aberto ata o 21 de abril ás 23:00 horas.
Requisitos: Pode participar no concurso calquera persoa física maior de idade, residente en España, sen importar a súa nacionalidade.
Dotación
Primeiro premio: dous manuais de técnicas narrativas.
Segundo premio: un manual de técnicas narrativas.
Bases: https://www.eapn.es/ARCHIVO/documentos/noticias/1645086537_bases_viiiconcursomicrorrelatos.pdf
Comentarios
Publicar un comentario