INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

RAP conCIENCIA

 

O Instituto de Química Física Rocasolano do CSIC organiza a 2ª edición do Concurso “RAP conCIENCIA" cuxo fin é animar a estudantes de Secundaria, en idades comprendidas entre 11 e 17 anos (CEE ata 21 anos), a realizar un RAP que nos fale de científicos/as ou inventores/as.

Esta iniciativa está exposta como unha actividade multidisciplinar, que integra diferentes áreas curriculares, permitindo aos protagonistas expresarse sen deixar de lado o noso principal obxectivo que é achegar o mundo científico ás e os estudantes.

Todas as letras teñen que versar sobre o tema da convocatoria: “científicos/as e/ou inventores/as”. Han de centrarse na vida e descubrimentos/inventos/desenvolvementos dun ou máis científicos/as ou inventores/as, ben do pasado ou do presente. Valorarase que os personaxes elixidos representen ambos os xéneros; e que se presente como unha “batalla de galos” na que cada personaxe defenda a súa achega científica ou tecnolóxica sen menosprezar a do outro. Todas as letras han de ser orixinais e cada participante (ou grupo) declara, polo feito de presentala, que é da súa propia autoría.

Os proxectos finalistas terán a oportunidade de asistir a un estudo de gravación e participar na gravación dun videoclip xunto aos raperos De la Lastra e Arché.

Prazo ata o 16 de maio de 2022

Podes escoitar e descargar a base instrumental sobre a que se debe compoñer na web do concurso, ou solicitala ao correo electrónico: rapconciencia@iqfr.csic.es.

https://www.iqfr.csic.es/es/ciencia-sociedad/ciencia-escuela/rap-conciencia/881-concurso-rap-conciencia-hablemos-de-cientific-s-y-o-inventores-as 

Comentarios