INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Premio Energheia Europa 2022 (literario)

 

Energheia, asociación cultural de Matera (Italia), baixo o patrocinio da Rexión Basilicata e coa colaboración da Embaixada de España en Italia e a revista literaria Quimera, convoca o concurso literario “Premio Energheia Europa 2022″ na súa XXVIII edición.

Os/as escritores tomarán parte no concurso con só un conto inédito, escrito en lingua española, galega ou catalá sobre un tema libremente elixido, con non máis de sete páxinas (de ata 30 liñas por páxina como máximo).

data de recepción de traballos estará aberta ata o 10 de xuño de 2022. O relato debe ser enviado vía correo electrónico á dirección "premioenergheiaespana@gmail.com";. Débese enviar copia do documento en Word xunto con outro documento separado cos datos persoais: nome do autor, DNI, idade e dirección (número de teléfono e correo electrónico) do participante.

Requisitos:  mocidade de entre 18 a 35 anos de idade (con esta idade ao 10 de xuño de 2022) de calquera nacionalidade, residentes en España.

Premio
O Xurado declarará un único gañador do concurso. O autor galardoado co primeiro premio e os catro finalistas terán gastos de billete de avión e aloxamento pagos, para participar na cerimonia de entrega dos premios Energheia que levará a cabo en Matera (Italia) e asistir un curso de narrativa que se realizará nesta mesma cidade na segunda semana do mes de setembro de 2022.

http://www.energheia.org/il-bando-del-premio-energheia-africa-teller 

Comentarios