INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Plan de formación de xuventude e voluntariado

 

A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan de formación de Xuventude e Voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas de toda a comunidade.
Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal.
A ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e o liderado, recursos para o emprendemento no rural, educación emocional, a dixitalización, recursos para un ocio inclusivo, formación en actividades náuticas, eSports, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura, etc.
No ámbito da acción voluntaria, tamén se ofrece formación específica nas seguintes áreas: ambiental, interxeracional, educación, igualdade, acción social, linguaxe LSE, emerxencias e nocións sobre a correcta solicitude e presentación das subvencións de voluntariado.
O prazo de inscrición ábrese hoxe, día 11 de abril de 2022, a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

Máis información

Comentarios