IV Premio Alfonso II. Os Diarios do Camiño de Santiago
A Universidade de Oviedo e a Fundación Valdés-Salas convocan o IV Premio Alfonso II. Os Diarios do Camiño de Santiago para recoñecer vivencias e reflexións persoais anotadas ao longo do Camiño Primitivo de Santiago.
Poderán concorrer ao premio todas as persoas que o desexen, con independencia da súa nacionalidade.
Participarase cun “diario do camiño” orixinal e inédito que conterá, desde a liberdade de creación literaria, vivencias e reflexións persoais do seu autor anotadas ao longo do Camiño Primitivo de Santiago no contacto co medio natural e cultural do traxecto percorrido.
O diario poderá presentarse escrito en calquera das linguas vivas faladas en Europa na actualidade, incluídos o asturiano e o galego-asturiano.
A extensión dos traballos non será inferior a 40 páxinas a dobre espazo, con letra Times New Roman de 12 puntos e marxes normais de Word, nin superior a 60 páxinas das mesmas características.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 16 de setembro de 2022.
Dotación: o diario galardoado será editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Oviedo cunha tirada de 250 exemplares, un 10% dos cales se lle entregará ao gañador como único pago en concepto de dereitos de autor. A publicación realizarase na lingua do orixinal e, no seu caso, con tradución ao inglés e ao castelán, nese caso realizarase a través da Casa das Linguas da Universidade de Oviedo.
A Fundación Valdés Salas fará entrega dunha réplica da Cruz Latina de Alfonso II e comprométese a abonar os gastos da viaxe e aloxamento, con almorzo, do premiado e un acompañante durante 6 días en Oviedo, con motivo da entrega do premio, en acto público.
https://www.uniovi.es/en/-/iv-premio-alfonso-ii-los-diarios-del-camino-de-santiago
Comentarios
Publicar un comentario