INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Inspiraciencia 2022 (Concurso Literario)

 

nspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar a achega ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

Pode participar calquera persoa maior de 12 anos que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, éuscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica. Deben ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados nun medio ou blog persoal.

O concurso ten unha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras, dentro da cal, neste 2022, pode optarse pola temática libre ou a de Intelixencia Artificial.

Categorías:
- Adulto (a partir de 18 anos), enténdese que os participantes son maiores de idade na data de peche do prazo de presentación de relatos.
- Mozo (de 12 a 17 anos), é dicir, os participantes son menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos.

Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas.
O profesorado que promovese a participación do alumnado con polo menos un relato na categoría Nova do concurso poderá optar ao premio especial «De ciencias e de letras».

Os orixinais deben presentarse a través do web: https://inspiraciencia.es/gl Previamente, as persoas participantes deben rexistrarse. 

prazo de presentación de relatos estará aberto ata o 22 de maio de 2022.

Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a revistas de divulgación.
O premio «De ciencias e de letras» será unha experiencia relacionada co proceso de creación dun dos espectáculos ideados para a gala de Inspiraciencia. Os premios da modalidade de Intelixencia Artificial daranse a coñecer proximamente.

https://inspiraciencia.es/gl/ 

Comentarios