I Certame artístico "Amigos dos Animais"
O Ministerio de Dereitos Sociais convoca o I Certame artístico "Amigos dos Animais", modalidade cómic.
A finalidade é a creación de obras artísticas, na modalidade de cómic ou historieta gráfica, co propósito de fomentar a tenencia responsable e o benestar dos animais centrándose no importante papel que teñen os animais na nosa sociedade, promovendo os valores de respecto e coidado cara a eles, orientado a nenos e nenas de sete a doce anos.
Pode participar calquera persoa maior de idade ou menor con autorización do seu representante legal, e tamén centros educativos e asociacións legalmente constituídas
Os Premios Amigos dos Animais, modalidade cómic, desagréganse en dúas categorías:
- Un Premio "Mellor Cómic: Amigos dos Animais", dotado con 5.000 euros, e diploma, así como a difusión da súa obra, tanto en soporte electrónico como en papel.
- Cinco Accésits "Mención Especial Cómic: Amigos dos Animais", dotados con 500 euros e diploma cada un, así como a difusión das obras premiadas.
O prazo de presentación de cómics estará aberto ata o 30 de xuño de 2022.
Máis información no BOE do 30 de marzo de 2022
Comentarios
Publicar un comentario