Dóenos a todos e todas
Se tiveses que crear unha campaña para previr a violencia de xénero entre a mocidade e defender a igualdade como sería?
Agora podes participar no VIII Concurso Nacional en Centros de Ensino e Universidades pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, convocado pola Fundación Mutua Madrileña. Este certame quere recoñece as mellores ideas creativas de estudantes para sensibilizar, previr e evitar condutas que poidan desembocar en situacións de malos tratos.
A través do concurso “Dóenos a Todos/as”, Fundación Mutua Madrileña convida os mozos e mozas de colexios, institutos, centros de formación profesional e universidades de toda España a deseñar as súas propias creatividades para favorecer a igualdade nas relacións de parella e previr a violencia de xénero no futuro.
Para participar deberas realizar unha peza orixinal creativa para concienciar e previr contra a violencia de xénero en calquera formato dixital (vídeo, audio, imaxe, presentación animada), premiándose a idea creativa por encima do formato da peza. No caso de presentar unha creatividade en formato audiovisual, esta non poderá superar o minuto de duración.
Para participar:
- Completa o formulario cos teus datos. Se participades en equipo só será necesario que se inscriba un.
- Se es menor de idade deberás achegar unha autorización asinada polo teu pai, nai ou titor/a legal.
- Crea o teu proxecto e súbeo ao teu perfil elixe o formato no que queiras realizar o proxecto (vídeo, audio, imaxe, texto, cómic, etc.). Lembra que os proxectos audiovisuais non poderán superar o minuto de duración.
- En menos de 24 horas Fundación Mutua Madrileña revisará o teu proxecto e se cumpre cos requisitos enviarache un email confirmando que a túa campaña foi publicada na galería.
- Comparte a túa campaña en redes sociais.
Prazo: ata o 15 de maio de 2022.
Premios:
O concurso concede un total de oito premios repartidos en catro categorías: 1 er, 2º e 3 er premio para estudantes de ESO, Bacharelato e FP de grao medio; 1 er, 2º e 3 er premio para alumnos universitarios e de FP de grao superior; campaña máis popular en redes sociais; e categoría especial “Tolerancia Cero”. A contía total dos premios ascende a 20.000 euros.
Comentarios
Publicar un comentario