INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

DiscoverEU: Novos bonos de viaxe para desprazarte gratis por Europa

 

DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece a oportunidade de descubrir Europa a través de experiencias de aprendizaxe. Desprazándote principalmente en tren, descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de cidades e pobos.

Esta experiencia permitirache poñerte en contacto con persoas de todo o continente, desenvolvendo habilidades para a vida, como a independencia, a confianza e a apertura a outras culturas.

As candidaturas seleccionadas gañarán un bono de viaxe cunha duración dun a 30 días de duración entre o 1 de xullo de 2022 e o 30 de xuño de 2023.

Prazo de presentación de candidaturas: Xoves 7 Abril 2022 12:00 (CEST) ao xoves, 21 de abril de 2022 ás 12.00 (CEST)

Para poder participar, tes que:
 - Nacer entre o 1 de xullo de 2003 e o 30 de xuño de 2004 (ambos inclusive)
 - Cubrir o formulario de candidatura en liña.
 - Ser residente legal, no momento da decisión de selección, algún dos países da Unión Europea, ou dun dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+, como Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía.

NOVIDADE: Os/as participantes seleccionados/as recibirán unha tarxeta de desconto DiscoverEU con descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento, comida, etc.


Máis información

Comentarios