Creación Nova do Injuve
O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca as axudas para a Creación Nova, cuxa finalidade é fomentar a actividade creadora e investigadora dos mozos e mozas, facilitar a promoción e a difusión das súas creacións, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver.
As axudas terán as seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Investigación.
d) Comisariado de proxectos para a Sala Amadís.
e) Emprendemento para a creación emerxente.
Requisitos das persoas beneficiarias:
Ser maior de idade e menor de 30 anos de idade para as liñas de actuación de Produción de obra, Movilidad de obra producida e/ou de creadores, Investigación e Comisariado de proxectos para a Sala Amadís, ou menor de 35 anos de idade para a liña de actuación de Emprendemento para a creación emerxente.
A contía económica individualizada de cada unha das axudas será a seguinte en función da liña de actuación:
a) Produción de obra. Contía máxima: 5.000 €.
b) Movilidad de obra producida e/ou creadores. Contía máxima: 5.000 €.
c) Investigación. Contía máxima: 3.000 €.
d) Comisariado de proxectos para a Sala Amadís. Contía máxima: 7.000 €.
e) Emprendemento para a creación emerxente. Contía máxima: 10.000 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de maio de 2022
Máis información no BOE do 7 de abril de 2022 e en http://www.injuve.es/
Comentarios
Publicar un comentario