INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Certame literario para escritores novos

 

A organización Rotary Club Amoradí pon en marcha o IX certame literario para escritores novos, con idades comprendidas entre 13 e 18 anos.

As obras deberán estar escritas en castelán. Cada concursante poderá presentar un só traballo, que debe ser necesariamente inédito, e non ser premiado ou presentado noutros certames.

Os relatos serán de tema libre, pero neles deberán ter cabida, dalgún modo, os valores ou ideais rotarios da amizade, a comprensión, a boa vontade, a solidariedade, a rectitude, a empatía ou similares.

Os relatos terán unha extensión máxima de 2.000 palabras, e deberán remitirse necesariamente á dirección: rccertamenliterarioalmoradi9@ gmail.com en arquivo .doc ou .docx.

prazo de presentación de orixinais estará aberto ata ás 14:00 horas do día 29 de abril.

Premios
Un primeiro premio de 700 €.
Un segundo premio de 300 €.
Un terceiro premio de 150 €.

O Rotary Club Almoradí publicará as obras premiadas nos Boletíns e Revistas Rotarias, así como en redes sociais, e en calquera medios de comunicación que estime oportunos. Editarase un libro cos relatos gañadores, e os demais que o xurado estime oportuno, en atención ao seu mérito literario.

https://rotaryclubalmoradi.org/bases8/ 

Comentarios